A aposta firme de Tecnópole polas actividades de divulgación científica de calidade está avalada polas Aulas Tecnópole, STEAM Kids Tecnópole, T2W e Galiciencia, catro actividades de divulgación dirixidas a mozos/as de toda Galicia co obxectivo claro de promover as vocacións científicas entre os máis novos.

  • Vocacións

    Favorecer as vocacións investigadoras e de emprendemento innovador entre a xuventude.

  • Creatividade e Innovación

    Potenciar o intercambio de experiencias creativas e innovadoras entre os mozos e mozas.

  • Motivación

    Aumentar a interacción entre o mundo científico e a xuventude.

Contidos

No Campamento tecnolóxico online de Tecnópole búscase dar ao alumnado galego a oportunidade de mellorar os seus coñecementos científicos e tecnolóxicos dun xeito totalmente práctico e experimental, realizando unha chea de actividades innovadoras deseñadas por especialistas en educación STEAM que lles permitirán complementar os coñecementos académicos e mergullarse no mundo da investigación e o prototipado desenvolvendo o seu propio proxecto.

Entre outras actividades, programarán placas electrónicas, iniciaranse na seguridade informática, deseñarán roupa con sensores, construirán o seu propio microscopio e analizarán con espectroscopios a luz do Sol.

 
 

Actividades


Novas tecnoloxías, electrónica, programación e mundo maker, hacking, biotecnoloxía, biomaking, retos STEAM.

Metodoloxía

A metodoloxía que se segue é innovadora e práctica, de forma que permita o máximo aproveitamento por parte do alumnado, e sexa altamente motivadora. Non se ofrece unha formación online clásica, trátase dun campamento non presencial, no que o alumnado traballará cun Kit de materiais tecnolóxicos e científicos que recibirán nos seus domicilios unha vez formalizada a inscrición. O que se pretende con este campamento tecnolóxico online é adaptarse á nova realidade e cambiar a forma de comunicarse, mantendo o espírito de convivencia do campamento.

O campamento ten horario totalmente flexible para o alumnado. Nas horas indicadas o profesorado estará online e realizará emisións en directo que quedarán gravadas para facilitar ao máximo a realización do curso. Os participantes terán acceso aos contidos ata finais do ano 2020.

Os obxectivos que se perseguen consisten no desenvolvemento da capacidade resolutiva e innovadora e na dinamización da axilidade mental e da creatividade. Ademais de procurar que o alumnado adquira novos coñecementos científicos e tecnolóxicos, preténdese potenciar neles actitudes como a curiosidade e o espírito emprendedor, entre outras.

Kit de materiais tecnolóxicos e científicos

Materiais de tecnoloxía

1. E-téxtiles + iniciación programación ( Playground Express, Feltro, Fío condutivo + agulla, Leds).

2. Plástico moldeable ( Bolsa 50 g).

3. Etiquetas NFC ( 2 uds.).

Materiais de ciencia

1. Xerais ( Papel indicador pH, Micropipetas - 2, Tubos ensaio - 4, Papel filtro, Reactivos).

2. Centrífuga caseira ( Materiais Paperfuge).

3. Microscopio caseiro ( Materiais Foldscope).

4. Espectroscopio caseiro ( Modelo cartolina + pedazo CD).

5. Lentes Red/Cyan ( Modelo e papel celofán).

6. Imán neodimio ( Imán).

7. Sobre con código para xogo pista.

 
 
materiais