A aposta firme de Tecnópole polas actividades de divulgación científica de calidade está avalada polas Aulas Tecnópole, Espectáculos de ciencia, Talleres de robótica e Galiciencia, catro actividades de divulgación dirixidas a mozos/as de toda Galicia co obxectivo claro de promover as vocacións científicas entre os máis novos.

Desenvolvemento
de proxectos

En T2W búscase a superación diaria dos rapaces a través duns obxectivos programados que están orientados a desenvolver de forma práctica e didáctica as súas habilidades motoras e cognitivas.

As actividades desenvólvense en equipo, formando grupos para estimular a organización interna, para desenvolver habilidades sociais a través da discusión dos proxectos, fomentando o respecto dos compañeiros e do traballo en equipo.

Actividades


Principais - Robótica, tecnoloxía e desenvolvemento de proxectos, módulo de comunicación, módulo de creatividade, iniciación á creación de app para móbiles android e iniciación á biotecnoloxía, entre outras.


Transversais - Conversación en inglés durante a hora da comida e reforzo mediante o xogo polas tardes, piscina, deportes e xogos, música, gastronomía, nutrición e educación ambiental.

Metodoloxía

A metodoloxía que se segue en T2W é innovadora e práctica, de forma que permita o máximo aproveitamento por parte dos alumnos/as, e sexa altamente motivadora para eles. Dentro dos contidos deste ano dáselle relevancia á Programación e Robótica, que ocupará gran parte do horario da mañá.

Os obxectivos que se perseguen consisten no desenvolvemento da capacidade resolutiva e innovadora e na dinamización da axilidade mental e da creatividade. Ademais de procurar que os alumnos e alumnas adquiran novos coñecementos tecnolóxicos, preténdese potenciar neles actitudes como o respecto mutuo, a colaboración e a socialización, xunto con habilidades relacionadas con falar ben en público e a práctica do inglés, entre outras.

Comidas

Se es alérxico a algo pregámosche que o indiques na autorización paterna/materna.

Aproveitaremos a hora da comida para falar en inglés cunha profesora nativa que nos acompañará durante a comida e durante as actividades da tarde.

Transporte

Transporte incluído dende varios puntos da cidade de Ourense.